Evacúan en ambulancia no corredor Brión-Noia un adulto e un menor tras envorcar o seu coche
Evacúan en ambulancia no corredor Brión-Noia un adulto e un menor tras envorcar o seu coche
Ata o lugar acudiron un helicóptero e catro ambulancias, e o operativo de emerxencias confirmou que os feridos estaban conscientes
Un turismo que circulaba contra as dúas e media da tarde á altura do quilómetro 19 da estrada coñecida como o corredor entre Brión e Noia saíu da calzada e envorcou na beiravía. Os seus dous ocupantes resultaron feridos, pero todo quedou, por fortuna, nun susto.
O aviso do accidente por parte dun particular mobilizou un amplo dispositivo de emerxencias que incluíu o helicóptero H3 con base en Santiago, catro ambulancias e profesionais do GES de Brión, Bombeiros de Boiro, Protección Civil de Lousame e axentes da Garda Civil de Tráfico.
Alí confirmaron que no sinistro había dúas persoas feridas: un menor de idade, que precisou que o liberaran do coche, e un adulto, con distintas contusións. Aínda que a aeronave do Sergas estaba na zona, as dúas persoas foron trasladadas en dúas ambulancias ao Hospital Clínico de Santiago. En principio as súas vidas non corrían perigo, segundo indicaron os membros dos equipos de emerxencia que actuaron na zona.