Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacúan o hospital de Conxo por un incendio que non provocou danos persoais

Evacúan o hospital de Conxo por un incendio que non provocou danos persoais

O lume comezou na sala de computadores, no primeiro andar

 

G24.gal 14/04/2024 23:00

Un particular chamou ao 112 Galicia dez minutos despois das 20:30 horas para alertar deste lume nas instalacións do hospital psiquiátrico de Conxo, en Santiago.

Naquel momento xa estaban a desaloxar as persoas do primeiro andar, onde se sitúa a sala de computadores en que comezou o incendio.

No operativo participaron os Bombeiros de Santiago, a Policía Nacional e a Local, ademais do 061. Os servizos sanitarios mobilizaron o seu persoal a bordo dunha ambulancia, pero non foi necesaria a súa intervención.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade