Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evolución boa do incendio de Arbo, que aínda non está controlado

Evolución boa do incendio de Arbo, que aínda non está controlado

Xa son 400 as hectáreas queimadas

G24.gal 31/07/2022 14:19 Última actualización 31/07/2022 19:37

A evolución do incendio de Arbo é boa, pero aínda non está controlado tecnicamente. O alcalde considera que aínda cómpre extremar as precaucións porque hai vento e agárdanse temperaturas elevadas.

Os veciños consideran que o peor xa pasou. Temeron por vivendas e núcleos, pero o lume só afectou a monte e a algunhas vides. Son xa 400 hectáreas. 

O lume afectou ás parroquias de Mourentán, centro de Arbo e Cabeiras. Medios aéreos refrescaban diversas zonas esta mañá, a UME facíao a pé de campo, ata unha empresa particular abriu devasas esta noite.

As causas do lume estanse a investigar, pero o alcalde considera a título persoal que foi intencionado porque prendeu ás dúas da madrugada nunha zona de monte. O rexedor tamén agradeceu o apoio de todas as administracións e medios de extinción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade