Seis náufragos no río Miño; un rescate de película nun simulacro de salvamento
Seis náufragos no río Miño; un rescate de película nun simulacro de salvamento
Participaron no simulacro diversas unidades da Armada Española e da Mariña Portuguesa
Espectacular simulacro en Tui. O exercicio de seguridade marítima MARSEC-22, dirixido pola Armada española, lograba rescatar 6 náufragos. Neste treito do río Miño prodúcese o grave accidente.
Unha embarcación de recreo bate contra un tronco, afúndese e as persoas que ían no interior caen á auga. Os servizos de emerxencias de Galicia e Portugal coordínanse para actuar. É preciso rastrexar o río para localizar os accidentados.
Embarcacións de diversos organismos nacionais, autonómicos e locais, o helicóptero Pesca1, a Mariña Portuguesa e os Bombeiros de Valença participan nun complexo operativo coordinado pola Armada Española. Dous náufragos foron arrastrados pola corrente e outros dous quedaron atrapados.
Finalmente logran rescatar os cadáveres das 6 persoas accidentadas. Así remataba o exercicio avanzado de seguridade marítima MARSEC-22 onde quedou patente a efectividade da coordinación entre ambas beiras do Miño.