Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mantense a prealerta pola enchente do río Miño en Lugo

Mantense a prealerta pola enchente do río Miño en Lugo

A Xunta mantén activo o plan Inungal

G24.gal 04/03/2024 14:29

En Lugo, a ollada segue posta no nivel do río Miño ao seu paso pola cidade. Entre as zonas máis afectadas polas enchentes están as instalacións exteriores do Club Fluvial que chaman a atención dos viandantes.

Aínda que o caudal comezou a descender, a Confederación Hidrográfica mantén aquí o nivel de prealerta e aínda quedan zonas intransitables.

"Está desbordado. Hai uns días estaba máis baixo pero hoxe horroroso, na zona do muíño xa non puidemos pasar".

Os veciños din que xa están afeitos a ver o caudal subir e baixar con moita facilidade.

Moi pendentes do leito están no Balneario de Lugo. As instalacións reabren as súas portas a vindeira semana e teñen en funcionamento 10 bombas de achique para evitar a entrada da auga ás portas do inicio dos programas de termalismo.

"Como chove tanto e tan continuado non sabemos canto pode subir a auga. O que intentamos é que non entre nas instalacións porque se entra estraga moitas cousas. De momento conseguímolo bombeando auga constantemente, temos bombas en tódolos lados", explica Antonio Garaloces, director do Balneario de Lugo.

A Xunta mantén activo o plan Inungal e segue pendente da evolución do río Miño e do río Grande de Xuvia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade