Publicador de contidos
Publicador de contidos

Experimentan con drons e sistemas automáticos para mellorar o pastoreo de vacas

Experimentan con drons e sistemas automáticos para mellorar o pastoreo de vacas

Analizan a calidade e cantidade da forraxe sobrevoando as leiras

Moven as vacas duns prados a outros sen necesidade de persoas

Dron recollendo datos sobre un prado
G24.gal 18/07/2024 19:19 Última actualización 18/07/2024 19:45

Se todo vai ben, en pouco máis dun ano este dron facilitará toda a información que os gandeiros necesitan sobre os seus prados. Agora estanse a recoller datos nas leiras para traducilos e interpretalos, e que o dron os asimile e aplique é só cuestión de tempo. O herbómetro podería ter os días contados, e iso que é unha ferramenta recente.

"Cando hai que andar todas as semanas toda a superficie da granxa, pérdese moito tempo. Con isto reducimos eses tempos", explica Xan Pouliquen, Xestión Agrogandeira e Natureza.

Cos mellores prados identificados, só hai que levar as vacas ata eles. Para iso traballan nun sistema que levanta os fíos electrificados, de xeito que o gando pasa por baixo deles e se dirixe cara ás leiras máis axeitadas en cada momento.

"O que fai e abrir e pechar de forma automática ou programada en función dun modelo matemático que nos di como está o pasto en cada zona", indica Gonzalo Abuín, de DataLact.

A idea xurdiu nesta gandería de Guitiriz, que aposta polas novas tecnoloxías para facer o traballo máis eficaz reducindo as tarefas manuais que levan demasiado tempo. Cando estea en marcha, poderán dedicarse a tarefas máis importantes aínda que terán que adaptar as vacas a este modelo.

"As vacas respectan moito o fío. Ver como se baixa e se levanta só e algo que van ter asimilar", di Óscar Morado, de SAT Margá.

Os participantes no proxecto cren que estes modelos axudarán a manter a actividade gandeira e a facela máis atractiva para os xoves evitando así o abandono das explotacións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade