Publicador de contidos
Publicador de contidos

A mostra 'Ourense no tempo' ofrece un percorrido pola historia da cidade

A mostra 'Ourense no tempo' ofrece un percorrido pola historia da cidade

A exposición pode visitarse na sede de Afundación ata o próximo 11 de maio

G24.gal 22/03/2024 21:39 Última actualización 23/03/2024 10:04

Máis dun cento de pezas conforman a mostra Ourense no tempo que se vai abrindo camiño a través da historia, a arquitectura, a literatura ou mesmo a música da cidade. É unha porta aberta para descubrir a cultura urbana, os segredos e o que está a vista. Unha ollada cara ao pasado para entender mellor o noso presente.

Dende unha ara romana ata un contrabaixo, así de ampla é a selección. Porque aquí din, non se fala só de historia senón tamén da vida da cidade, dende as súas orixes ata hoxe. José María Eguileta Franco, responsable do Departamento de Arqueoloxía do concello de Ourense:

"Temos pezas do máis variado pero que están todas convivindo, fotográficas, documentos, discos... Todo unha multitude de pezas que todo xunto confiamos en que nos axuden a entender Ourense".

Vemos a carta puebla que aló polo 1122 concedía privilexios e unha feira a cidade de Ourense. Cinco séculos mantiveron o señorío os bispos ata que chega a burguesía comercial.

"Empezan a aliarse co rei, acaban cos poderes dos bispos, ata que conseguen liberarse dese dominio".

En 1833 Ourense pasa a ser capital de provincia, créase a deputación, o goberno civil, o goberno militar e algo máis, o instituto.

"E co instituto veñen personaxes de moita valía como Marcelo Macías, que é o que vai iniciar todos eses faladoiros, eses faladoiros. Marcelo Macías foi profesor de Risco, de Otero, de Cuevillas. Esta xente a súa vez van ser os que formen a Xocas, ós artistas, a Acisclo, a Xaime Quessada, a Manuel de Dios, a Buciños".

Aquí está tamén a que se considera a fotografía máis antiga da cidade, de 1860, os potes galegos que fabricaban na fundición Malingre, ou este sumidoiro que lembra os tempos nos que o concello de Canedo aínda non estaba anexionado a Ourense. 

"É digamos unha proba arqueolóxica aínda que sexa recente, material, da existencia dese concello. É a única que quedaba que puña Canedo".

As festas tradicionais, a música dos Suaves e o contrabaixo desa referencia do jazz que é o café Latino están tamén aquí. Formando parte da historia, da vida desta cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade