Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expulsados da competición dous xogadores sub-16 do Rápido de Bouzas por insultos racistas

Expulsados da competición dous xogadores sub-16 do Rápido de Bouzas por insultos racistas

Insultaron un xogador negro do Club Casablanca

G24.gal 03/07/2023 16:15

Esta edición número vinte e dous da Vigo Cup quedou manchada pola polémica.

O Comité de Competición do torneo expulsou os dous xogadores da categoría Sub-16 do Rápido de Bouzas que proferiron insultos racistas vestidos co equipamento do club dende a bancada do publico contra un xogador negro do Club Casablanca.

Este club decidiu retirarse da competición en sinal de protesta e apoio ao xogador que recibiu insultos e onomatopeas racistas.

O equipo rival, o Rápido de Bouzas, optou por dar de baixa os xogadores, ambos os dous de 15 anos, á espera de que se resolva xudicialmente a denuncia posta pola familia do menor agredido. 

Dende a Vigo Cup e a Federación Galega de Fútbol instan os clubs, cadros técnicos, árbitros e público a extremar a deportividade e o respecto, para evitar que se repitan incidentes coma este, que desgraciadamente están tamén a proliferar no fútbol profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade