Publicador de contidos
Publicador de contidos

Expulsan dúas mozas dun colexio maior de Santiago por incumprir reiteradamente a norma sobre estancia de persoas alleas

Expulsan dúas mozas dun colexio maior de Santiago por incumprir reiteradamente a norma sobre estancia de persoas alleas

Unha das expulsadas xa fora sancionada noutras dúas ocasións

Aseguran que a estancia nocturna das súas parellas era esporádica

A normativa do SUR establece a prohibición de durmir no colexio maior os non residentes

G24.gal 08/05/2023 14:40

A expulsión de dúas residentes de cuarto ano do Colexio Maior Fonseca ten parte dos estudantes en pé de guerra.

As dúas mozas, Alejandra e Uxía, foron expulsadas por deixar pasar a noite en reiteradas ocasións as súas parellas nos seus cuartos. Elas aseguran que non incumprían ningunha norma.

A normativa do centro e do Sistema Universitario de Residentes prohibe explicitamente esta práctica, segundo reflicte a acta de 7 de novembro de 2021.

Alejandra a e Uxía din que recibiron a notificación de expulsión sen previo aviso, aínda que polo menos unha delas xa fora expulsada con anterioridade en dúas ocasións. 

Desde a institución universitaria aseguran que están a traballar para que se cumpra a actual Lei de convivencia universitaria e que no que vai de curso apenas abriron unha ducia de expedientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar