Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguen o incendio de Rodeiro e Galicia queda sen lumes

Extinguen o incendio de Rodeiro e Galicia queda sen lumes

Quedou extinguido ás 4:30 horas de hoxe tras queimar 20 hectáreas, 2 de monte raso e 18 de monte arborizado

G24.gal 05/09/2022 09:36

O incendio forestal que afectaba a Rodeiro, na provincia de Pontevedra, quedou extinguido este luns e Galicia queda sen lumes, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

En Rodeiro, parroquia de Riobó, o lume empezou o domingo á tarde e quedou extinguido ás 4:30 horas de hoxe tras queimar 20 hectáreas, 2 de monte raso e 18 de monte arborizado. Participaron na extinción sete axentes, catorce brigadas, oito motobombas, dúas pas, catro avións e cinco helicópteros.

Con esta extinción, Galicia queda sen incendios forestais no balance de Medio Rural, que inclúe todos aqueles que superan as vinte hectáreas ou que implican risco para núcleos poboados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade