Extinguen o incendio nun coche en Covelo, na N-120 entre Ourense e Vigo
Extinguen o incendio nun coche en Covelo, na N-120 entre Ourense e Vigo
O turismo, que quedou calcinado, circulaba en sentido A Cañiza con tres ocupantes que saíron ilesos
Un coche quedaba calcinado este sábado de intensa calor á altura do concello da Lamosa, en Covelo.
O vehículo, que circulaba pola estrada Nacional 120 en dirección a Cañiza, comezaba a arder. No coche viaxaban tres persoas que en canto comezaron a escoitar ruídos anómalos no motor e a ver que saía fume estacionaron o vehículo. Saían do coche e avisaban os servizos de emerxencia.
Todo isto acontecía sobre as doce da mañá. Para sufocar as lapas interviu o equipo do Grupo de Emerxencias de Ponteareas. Finalmente todo quedaba nun susto e non houbo que lamentar feridos. O GES de Ponteareas realizaba a limpeza da vía en canto o guindastre retirou o vehículo.