Publicador de contidos
Publicador de contidos

Extinguido o incendio forestal de Carnota, que calcinou 125 hectáreas

Extinguido o incendio forestal de Carnota, que calcinou 125 hectáreas

O lume iniciouse na parroquia de Lariño por mor do incendio nun vehículo

A maior parte de terreo calcinada foi de monte raso, unhas 100 ha, e as restantes, de superficie arborizada

G24.gal 14/02/2023 11:10 Última actualización 14/02/2023 11:21

O incendio forestal que comezou o domingo pola tarde en Carnota foi extinguido este martes sobre as 10 da mañá tras queimar 124,2 hectáreas, segundo informou a Consellería de Medio Rural.

O lume iniciouse sobre as tres do mediodía do domingo na parroquia de Lariño por mor do incendio nun vehículo que se propagou rapidamente por unha zona de monte raso.

A maior parte de terreo calcinada foi precisamente de monte raso, pouco máis de 100 hectáreas, e as restantes, de superficie arborizada.

Para o control deste incendio foi necesario mobilizar dous técnicos, trece axentes, vinte brigadas, trece motobombas, dúas pas e un helicóptero. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade