Fabiano: "Sabiamos como xoga o Arenteiro. Sempre 'follón', con protestas. É lamentable pero, se llo permiten..."

O técnico do Compostela criticou o fútbol e as formas do conxunto ourensán na final da Copa RFEF
A tensión foi a tónica dos noventa minutos que durou a final da fase galega da Copa Federación que finalmente caeu do lado do Arenteiro. Nun partido con penaltis, expulsións, protestas, encontronazos, o fútbol pasou, por momentos, a un segundo plano. Tralo remate do encontro o técnico dos santiagueses, Fabiano Soares, falou no Galicia en goles.
"Sabiamos como xoga o Arenteiro, provocando, e caemos no seu xogo e gañaron. Paciencia, hai que saber perder e saber competir. Xa vén de lonxe, no seu segundo gol, el (Fran Justo) sabe o que me dixo, pero o fútbol da moitas voltas e terá a súa volta, téñoo claro, como que me chamo Fabiano. Xogan desa maneira, non houbo partido, houbo 'follón', banco reclamando para protestar, é lamentable, pero, se llo permiten. Viñamos como se fose Ucraína contra Rusia".