Fabiola García felicita o Nadal aos maiores dende unha residencia en Bergondo
Fabiola García felicita o Nadal aos maiores dende unha residencia en Bergondo
A titular de Política Social reivindicou que o benestar dos maiores é "un dos piares fundamentais" para a Xunta
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou este martes de Noiteboa a residencia O Pilar de Bergondo, desde onde felicitou o Nadal a todos os maiores e traballadores que pasan o Nadal en centros deste tipo.
García aproveitou para agradecer a todos os empregados do centro, así como ao persoal do resto de residencias, o seu labor na atención e coidado dos usuarios, especialmente durante as festas.
Así, durante un brinde con maiores e familiares do complexo O Pilar, trasladou a todos os "mellores desexos" de parte do Goberno galego.
Neste contexto, a titular de Política Social reivindicou que o benestar dos maiores é "un dos piares fundamentais" para a Xunta e, para ese efecto, o Executivo autonómico deseña iniciativas para evitar a soidade non desexada e fomentar un envellecemento activo.
A este respecto, referiuse a diversas iniciativas, entre elas o programa 'Xuntos polo Nadal', grazas ao cal 270 maiores están a pasar estas festas en compañía e baixo unha atención profesional nas residencias de tempo libre de Panxón (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense).