Fabril e Guijuelo empatan en Abegondo
Fabril e Guijuelo empatan en Abegondo
Os locais non puideron aproveitar a súa boa primeira parte e remataron sufrindo para empatar
O Deportivo Fabril empatou esta tarde na visita do Guijuelo a Abegondo. Os coruñeses xeraron máis pero erraron na definición, ao contrario que un Guijuelo moi efectivo en ambas áreas.
A primeira parte foi dominada polo Deportivo Fabril, que creou máis ocasións pero non puido materializar ningunha. Sería nun contraataque do Guijuelo onde unha magnífica internada por banda de Panadero poñería o 0-1 ao descanso.
Xa na segunda metade o partido collería máis ritmo cara ambos lados. Primeiro chegaría o empate do Deportivo cun gran golpeo dende a frontal de Lache no minuto 50. Máis adiante o Guijuelo volvería a poñerse por diante cunha cabezada moi sinxela para un Toti que remata practicamente só nun saque de esquina. Cando xa todo parecía vendido un centro de Marotías no engadido collería unha rosca interior que sorprendeu a todo o mundo para rematarse metendo na portería do Guijuelo.
Con este empate o Deportivo Fabril chega aos 37 puntos, tres por riba do descenso, á espera do que fagan Valladolid Promesas e Marino de Luanco para determinar a súa posición.