Publicador de contidos
Publicador de contidos

Facenda non actualizou en 18 anos a quilometraxe que cobran os traballadores exenta de IRPF

Facenda non actualizou en 18 anos a quilometraxe que cobran os traballadores exenta de IRPF

En 2005 fixouse en 0,19 euros por quilómetro, e nestes momentos as empresas pagan de media 0,25 euros

G24.gal 16/05/2023 16:28

Aqueles traballadores que se teñan que desprazar por motivos laborais e cobren quilometraxe xa notarían que parte do que reciben está suxeito ás retencións do IRPF. Facenda leva 18 anos sen actualizar cantidade exenta.

A cifra que o Goberno fixou en 2005 é 0,19 euros por quilómetro. O traballador non ten que cotizar nada por esta cantidade. A partir de aí o que cobre considérase que forma parte do seu salario.

De media neste intre as empresas pagan por quilometraxe 0,25 euros. Os custos disparáronse nestas case dúas décadas, por iso os traballadores esixen unha actualización. Só encher o depósito é un 60 % máis caro.

É o caso dos carteiros rurais. Empregan os seus coches para repartir e cobran por quilometraxe. Na última actualización do convenio, xa hai máis de dez anos conseguiron que lles pagaran 4 céntimos máis por quilómetro, ata os 0,23 euros.

Tamén están desactualizadas as asignacións por dietas e pernoitas. Os seus custos que nada teñen que ver cos que había hai 18 anos, cando Facenda fixou o prezo por quilometraxe en vigor hoxe en día.

Unha actualización que o Goberno prevé facer, en principio, antes de que remate o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade