Publicador de contidos
Publicador de contidos

O home ao que intentaron degolar en Pontevedra: "Tiven moita sorte, a coitela quedou a milímetros da xugular"

O home ao que intentaron degolar en Pontevedra: "Tiven moita sorte, a coitela quedou a milímetros da xugular"

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional

A vítima precisou vinte puntos de sutura no pescozo

G24.gal 07/06/2024 14:11 Última actualización 07/06/2024 14:45

O detido, de vinte anos de idade, intentou degolar cunha coitela o seu compañeiro no interior dunha vivenda abandonada da rúa da Seca, en Pontevedra. O suceso tivo lugar ás dúas menos cuarto da mañá do xoves.

A vítima, de 47 anos de idade, precisou vinte puntos de sutura no pescozo. Tivo moita sorte porque a arma branca quedou a escasos milímetros da xugular. El mesmo contounos que estaba a durmir cando sucedeu todo. 

A vítima dixo que o seu agresor tomaba moita droga e mesturábaa con alcol. Asegura que non se deu conta nin que era el. Díxonos que incluso lle quitou o teléfono para que non puidese pedir axuda.

Con moita dificultade, a vítima conseguiu saír da vivenda e pedir axuda. A vítima contounos que o axudou unha muller estranxeira que case o atropela co seu coche. Dixo que cando lle viu a ferida a muller avisou o 061. Unha ambulancia medicalizada trasladou o ferido ao hospital de Montecelo onde lle suturaron a ferida. 

O presunto agresor foi detido pola Policía Nacional acusado de intento de homicidio. O maxistrado do Xulgado de Instrución número 2 de Pontevedra, en funcións de garda, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, do detido. Investigado por tentativa de homicidio ou lesións agravadas, a determinar ao longo da instrución

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade