Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece a actriz Marisa Paredes aos 78 anos

Falece a actriz Marisa Paredes aos 78 anos

Desde o 2000 ata o 2003 foi Presidenta da Academia de Cinema, institución que a recoñeceu en 2018 co Goya de Honor

Ao longo dunha carreira de máis de seis décadas traballou con directores como Pedro Almodóvar, Jaime Chávarri ou Agustí Villaronga

EFE/Archivo/Pepe Torres EFE/Archivo/Pepe Torres
G24.gal 17/12/2024 08:49 Última actualización 17/12/2024 09:37

A actriz Marisa Paredes faleceu aos 78 anos, segundo informou a EFE a Academia de Cinema, da que foi presidenta.

Pedro Sánchez amósase desolado

O presidente do Goberno Pedro Sánchez mostrouse este martes "abatido" pola noticia do falecemento, aos 78 anos, da intérprete Marisa Paredes, "unha das actrices máis importantes" que deu España.

"A súa presenza en cinema e teatro e o seu compromiso coa democracia serán un exemplo para xeracións posteriores. Un sentido abrazo á súa familia e seres queridos. Grazas, Marisa", afirmou o líder do Executivo nun comentario publicado no seu perfil de X. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade