Falece un veciño de Lazo ao envorcar co seu tractor
Falece un veciño de Lazo ao envorcar co seu tractor
O falecido, de 69 anos, tiña moita experiencia manexando o tractor
Estaba accedendo marcha atrás a unha parcela empinada para recoller herba cando envorcou
A veciñanza, moi apenada, foi a primeira en acudir ao seu auxilio pero xa non puideron facer nada
Celso, de 69 anos, levaba máis de corenta manexando o tractor, unha chea de veces fixo esta mesma manobra. Onte ía acceder a esta parcela para coller unha herba que lle regalou o seu amigo José Antonio.
A veciñanza de Toro foi a primeira en acudir na súa axuda. O corpo foi rescatado polos bombeiros de Verín e o GES de Laza.
O falecido era moi querido nesta aldea e colaboraba sempre coas tarefas comunitarias. Hoxe o pesar era moi grande. A esta desgraza en Toro únese o incendio en dúas casas que quedaron calcinadas hai pouco máis dunha semana. Esta tarde será soterrado na súa aldea despois de facerlle a autopsia.