Cargando resultados...
Falece de xeito repentino o ministro de Exteriores de Belarús
Falece de xeito repentino o ministro de Exteriores de Belarús
Vladimir Makei era dende hai dez anos o xefe da diplomacia belarusa
G24.gal
26/11/2022 20:13
Morreu de xeito repentino o ministro de Exteriores de Belarús. Vladimir Makei faleceu aos 64 anos, tras unha década como ministro de exteriores do seu país.
Era considerado un home próximo ao presidente Alexander Lukashenko, con quen comezou a súa carreira política.
Con anterioridade, o xefe da diplomacia belarusa servira nas Forzas Armadas da URSS e no Exército de Belarús, despois da disolución da Unión Soviética.
A axencia de noticias Belta confirmou a súa morte sen informar, polo momento, das causas. O seu pasamento conmocionou tanto en Minsk coma en Moscova.