Falece o británico Peter Higgs, descubridor do bosón de Higgs
Falece o británico Peter Higgs, descubridor do bosón de Higgs
Higgs revolucionou a física moderna ao descubrir esa partícula subatómica denominada "partícula de Deus"
Faleceu este luns no seu domicilio tras unha curta enfermidade
O científico británico Peter Higgs, descubridor do 'bosón de Higgs', faleceu aos 94 anos "tras unha breve enfermidade", segundo confirmou este martes a Universidade de Edimburgo nun comunicado.
Higgs revolucionou a física moderna en 1964 ao descubrir esa partícula subatómica denominada "partícula de Deus" e faleceu este luns no seu domicilio tras unha curta enfermidade.
A súa familia "pediu que tanto os medios de comunicación como os cidadáns respecten a súa privacidade nestes momentos".
Peter foi galardoado co premio Nobel de Física 2013 "polo descubrimento teórico dun mecanismo que contribúe á nosa comprensión da orixe da masa das partículas subatómicas, e que recentemente foi confirmado a través do descubrimento da partícula fundamental prevista, polos experimentos ATLAS e CMS no gran colisionador de hadrones do CERN".
O bosón de Higgs é o responsable de que as partículas teñan masa, se non a tiveran non poderían formar átomos. Un descubrimento que explica cómo se formaron as estrelas e os planetas.
O seu traballo pionero motivou a miles de científicos e o seu legado continuará inspirando a moitos máis durante xeracións.