Falece o home de 88 anos ferido na explosión nunha vivenda de Ordes
Falece o home de 88 anos ferido na explosión nunha vivenda de Ordes
Outro dos feridos na explosión foi dado de alta este mércores
O home de 88 anos ferido nunha explosión nunha vivenda de Ordes o pasado mes de xullo faleceu este mércores.
O home, que vivía no piso onde se produciu a explosión, estaba ingresado na Unidade de Queimados, no Complexo Hospitalario Universiario da Coruña.
Outro dos feridos na explosión foi dado de alta este mércores, segundo informaron fontes hospitalarias do Hospital Clínico de Santiago onde estaba ingresado. Trátase do home de 68 anos que estaba no citado hospital.
O suceso produciuse sobre as dez da mañá do pasado 26 de xullo na rúa do Recreo, o número 24, situado encima dunha cafetería que tamén se viu afectada.
A explosión, ademais de esnaquizar o piso onde se produciron os feitos, provocou danos materiais no establecemento de hostalería e en coches aparcados na zona.
Outra menor foi atendida no lugar e dada de alto e unha cuarta persoa recibiu asistencia nun centro sanitario.