Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o pintor lucense Isidro Alvariño, autor do retrato de Reagan

Falece o pintor lucense Isidro Alvariño, autor do retrato de Reagan

Artista autodidacta, expuxo a súa obra en París, ademais de figurar en coleccións privadas

A familia pide que en lugar de enviarlle flores se faga unha doazón á AECC

Isidro Alvariño nunha entrevista na TVG no ano 1990 Isidro Alvariño nunha entrevista na TVG no ano 1990
G24.gal 08/04/2023 17:40 Última actualización 08/04/2023 18:14

O célebre pintor de Barreiros Isidro Alvariño Martínez faleceu este venres e foi despedido, na máis estrita intimidade, cunha misa na igrexa parroquial de Santiago de Reinante tras a súa cremación.

A familia pide, segundo recolle a necrolóxica, que en lugar de enviar flores se faga unha doazón á Asociación Española de Loita contra o Cancro (AECC), ademais de agradecer as mostras de agarimo e de pésame.

Natural de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros, Alvariño foi un artista autodidacta que con só dez anos pintou o seu primeiro óleo. Tras desprazarse a Madrid para cursar os estudos de pintura, viaxou a Francia interesado polas obras impresionistas.

A mediados da década dos 70 comezaron as exposicións da súa obra e, nos oitenta e por encargo, pintou o retrato do entón presidente dos Estados Unidos Ronald Reagan. Tamén expuxo a súa obra en París, ademais de figurar en coleccións privadas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade