Publicador de contidos
Publicador de contidos

'Simultánea', a mostra con que Afundación conmemora o seu décimo aniversario

'Simultánea', a mostra con que Afundación conmemora o seu décimo aniversario

Poderá visitarse entre o 9 de outubro e o 25 de xaneiro en sete sedes repartidas noutras tantas cidades

Cada unha desas sedes acollerá unha exposición distinta e cun eixo vertebrador diferente

G24.gal 10/09/2024 13:14 Última actualización 10/09/2024 13:25

Sete exposicións complementarias que se funden nunha soa. É a proposta con que Afundación, a obra social de ABANCA, vai conmemorar este outono o seu décimo aniversario.

O propio nome da mostra, Simultánea, xa avanza o xeito en que se van exhibir 350 obras da que é a mellor colección de arte contemporánea do país. Sobre todo pinturas de máis de 200 autores que van de Laxeiro a Villaamil, pasando por Lugrís, Granell ou Castelao.

Haberá un tema central en cada unha das sete sedes. Así, na da Coruña será o retrato, mentres na de Lugo o foco estará posto no mar e na de Ourense, na natureza.

Simultánea inaugúrase o próximo 9 de outubro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade