Falece o poeta e profesor lucense Arcadio López Casanova
Falece o poeta e profesor lucense Arcadio López Casanova
Formou parte dos poetas do 68, as novas xeracións de autores que naceron despois da Guerra
Finalista do Premio Nacional de Poesía por Mesteres, era un dos expertos de referencia no estudo de Miguel Hernández ou Luís Pimentel
Arcadio López Casanova morreu en Valencia, ata onde marchara cando gañou as oposicións de ensino medio en 1968. Nacera en Lugo e tiña 79 anos. Formou parte dos poetas do 68, as novas xeracións de autores que naceron despois da Guerra e que transformaron o panorama literario do momento.
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, cidade na que entrou en contacto coas figuras máis relevantes do galeguismo da época. Trasladouse en 1968 a Valencia para ocupar unha cátedra de Lingua e Literatura Española no Instituto Mariano Benlliure.
O estilo de López Casanova centrábase no dramatismo do paso do tempo, a ansia por preservar a inocencia infantil e a comprensión humana do feito traumático que é a morte
Finalista do Premio Nacional de Poesía por Mesteres, era un dos expertos de referencia no estudo de Miguel Hernández ou Luís Pimentel.