Cargando resultados...
Falece un bebé en Mallorca que foi tirado a un colector do lixo
Falece un bebé en Mallorca que foi tirado a un colector do lixo
Os servizos sanitarios non puideron facer nada para salvarlle a vida
O caso está baixo investigación policial
G24.gal
02/11/2023 20:50
Falece un bebé este xoves ao ser tirado a un colector de lixo na localidade de Porto Cristo, pertencente ao municipio de Manacor, en Mallorca. Os feitos ocorreron pola tarde, cando unha persoa viu que alguén guindaba un vulto sospeitoso dende un coche ao colector. Cando se achegou e se decatou de que era un bebé, chamou os sevizos de emerxencias. Presentáronse axentes da Policía Local de Manacor, a Policía Nacional e os servizos sanitarios. O bebé foi trasladado inmediatamente a un centro hospitalario, pero non se puido facer nada por salvarlle a vida. O suceso atópase baixo investigación policial.