Falece un ciclista cando circulaba por unha estrada en Culleredo
Falece un ciclista cando circulaba por unha estrada en Culleredo
Evacuan en helicóptero outro ciclista tras caer por un cantil en Cabanas
Un ciclista faleceu este mércores cando circulaba coa súa bicicleta por unha estrada en Culleredo.
O 112 Galicia informou de que recibiu o aviso ás 12:50 horas, cando un particular pediu asistencia sanitaria para un home que caera da súa bicicleta na parroquia de Almeiras.
No operativo participaron 061, Policía Local, Bombeiros de Arteixo e Garda Civil. Descoñécense aínda as causas do falecemento.
Un ciclista caer por un cantil en Cabanas
Outro ciclista foi evacuado en helicóptero este mércores tras caer por un cantil en Cabanas. A vítima caeu primeiro da bicicleta e a continuación por un desnivel de 10 metros, quedando a bici no camiño.
Segundo informou o 112, do suceso alertou un particular poucos minutos antes das 13.00 horas. O alertador, que en en ese momento realizaba unha travesía en kaiak, viu como unha persoa caía por un cantil e quedaba tendido sobre as rocas, entre as praias de Chamoso e de Almeiras.
Dado que se trataba dun carreiro estreito e de difícil acceso para vehículos, solicitouse a colaboración de Salvamento Marítimo, que mobilizou o helicóptero Helimer.
A vítima foi atendida polo persoal sanitario no punto ata que o helicóptero chegou á zona e puido efectuar a súa evacuación ata o aeroporto da Coruña, onde o esperaba unha ambulancia para o seu traslado ao centro hospitalario de referencia.