Cargando resultados...
Falece un home en Chantada despois de que o rescataran inconsciente do río en Belesar
Falece un home en Chantada despois de que o rescataran inconsciente do río en Belesar
O suceso ocorreu pasadas as tres da tarde deste martes por causas que se descoñecen
Embarcadoiro de Belesar, no lugar de Pincelo
G24.gal
23/07/2024 17:21
Última actualización 23/07/2024 18:32
Un home faleceu en Chantada despois de que o rescataran inconsciente do río Miño. Foi no lugar de Pincelo, á altura do embarcadoiro de Belesar.
O suceso ocorreu pasadas as tres da tarde deste martes por causas que se descoñecen.
Varios particulares sacárono da auga e alertaron o 112.
🔴 #AXEGAInforma dun home que faleceu tras ser rescatado do río inconsciente en Chantada.
— 112 Galicia (@112Galicia) July 23, 2024
📍 Embarcadoiro de Belesar, Pincelo (A Sariña).
➡️ Foi rescatado por particulares, que alertaron o #112Galicia ás 15:10 horas, e o persoal sanitario só puido confirmar o seu pasamento. pic.twitter.com/1QxZo8VdcP