Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un motorista de 40 anos na autovía de acceso sur á Coruña

Falece un motorista de 40 anos na autovía de acceso sur á Coruña

Ocorreu pouco antes das cinco da tarde no quilómetro 1,5 da AC-14, á altura do barrio de Elviña

G24.gal 13/04/2024 18:25 Última actualización 13/04/2024 21:07

Un home de 40 anos faleceu este sábado nun accidente de tráfico ocorrido na autovía AC-14 da Coruña. Foi pouco antes das cinco da tarde no quilómetro 1,5 en sentido saída da cidade, á altura do barrio de Elviña.

Segundo informa a Garda Civil, a vítima pilotaba unha motocicleta que saíu pola marxe esquerda da vía e faleceu a consecuencia do impacto.

A estrada quedou cortada durante unha hora e a circulación tardou algo máis en volver á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade