Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un motorista de 47 anos nun accidente no concello da Laracha

Falece un motorista de 47 anos nun accidente no concello da Laracha

G24.gal 21/11/2021 08:31

Un veciño de Arteixo, de 47 anos, faleceu esta madrugada nun accidente de tráfico ocorrido no concello da Laracha. O home conducía unha moto e, por razóns que aínda se descoñecen, perdeu o control e bateu contra o valo de protección da vía tras cruzar en liña recta unha rotonda.

Foi á saída da peaxe da autoestrada de Carballo, á altura de Cancelo de Abaixo. Os equipos de emerxencia que se desprazaron ata o lugar tentaron reanimar a vítima durante corenta minutos pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. A Garda Civil investiga as causas do sinistro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade