Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un mozo de 22 anos nun accidente de tráfico en Arteixo

Falece un mozo de 22 anos nun accidente de tráfico en Arteixo

O coche bateu contra un farol e unha marquesiña

O seu acompañante, outro mozo de 22 anos, quedou ferido

G24.gal 28/10/2021 10:28

O condutor dun vehículo faleceu en Arteixo na madrugada deste xoves tras saír da vía o vehículo que conducía e chocar contra un farol e unha marquesiña, mentres que o seu acompañante quedou ferido. Os dous eran veciños de Paiosaco.

O accidente tivo lugar minutos antes da 1:30 horas na estrada AC-552, ao seu paso polo municipio de Arteixo.

Mobilizouse a Policía Local, Garda Civil, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os Bombeiros de Arteixo, que liberaron o condutor falecido e o copiloto, que quedou ferido, segundo indicou o 112. 

O 061 desprazou ao momento unha ambulancia de soporte vital avanzado e dúas de soporte vital básico, ademais de persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Arteixo. No lugar foron atendidos dous pacientes, un que morreu no punto do sinistro de 22 anos, mentres que o ferido, tamén de 22 anos, foi trasladado ao hospital da Coruña, confirmou o 061.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade