Morre un mozo de 26 anos nun accidente de tráfico na A-55 á altura de Tui

Levou por diante os elementos delimitadores da estrada e deu varias voltas de campá

O vehículo circulaba en dirección Vigo-Tui e quedou envorcado na estrada

G24.gal 27/10/2023 08:18

Accidente mortal esta madrugada en Tui. Faleceu un mozo de 26 anos e veciño da localidade ao saír da vía, levar por diante os elementos delimitadores da estrada e dar varias voltas de campá. Foi na autovía A-55 contra as dúas da mañá nunha zona de obras, a poucos metros da saída de OutletTui. 

O vehículo circulaba en dirección Vigo-Tui e quedou envorcado na estrada. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Baixo Miño, Protección Civil de Tui, a Garda Civil de Tráfico e a ambulancia do 061.

A pesar dos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida ao mozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade