Cargando resultados...
Falece unha muller cando se atopaba na auga nunha praia de Muros
Falece unha muller cando se atopaba na auga nunha praia de Muros
Atopouna inconsciente unha mariscadora
G24.gal
22/07/2024 16:32
Última actualización 22/07/2024 19:05
Unha muller faleceu na tarde deste luns cando se atopaba na auga na praia de Anido, situada no lugar de Serres do municipio coruñés de Muros.
Sobre as 14.20 horas o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia deu aviso ao persoal do 112 do ocorrido.
A muller fora achada inconsciente na praia e foi rescatada por unha mariscadora. Con todo, a pesar dos intentos por reanimala, non se logrou salvarlle a vida e faleceu no punto.
Ao lugar acudiron, ademais dos servizos de Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e o GES de Muros.