Cargando resultados...
Falece unha muller no incendio da súa casa en Narón
G24.gal
20/11/2021 16:35
Un incendio afectou unha vivenda no lugar do Alto do Castiñeiro en Narón. A orixe das lapas podería estar nun braseiro no baixo do edificio
A muller morta de avanzada idade residía na casa canda outros familiares. A vivenda está situada a escasos metros da casa do Concello naronesa, no barrio do Alto do Castiñeiro. Ata o lugar desprazáronse bombeiros, policía e ambulancias do 061.