Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan as causas do incendio no que morreu unha muller en Narón

Investigan as causas do incendio no que morreu unha muller en Narón

G24.gal 20/11/2021 21:38

Unha muller faleceu este sábado no incendio da súa vivenda en Narón. Investígase que puido orixinar o lume. Os veciños da casa contigua sentiron un estrondo moi potente.

No interior da vivenda había tres persoas, dúas irmás e un sobriño. O home puido saír polo seu propio pé. Os veciños conseguiron evacuar unha das mulleres, pero a outra, coa mobilidade reducida, quedou atrapada no cuarto da planta baixa onde comezaron as lapas.

A intervención dos bombeiros foi rápida e impediu que as lapas se estendesen ás plantas superiores. Logo de sufocar o incendio, os traballos centráronse en asegurar a casa e en realizar medicións para desbotar a presenza de gases tóxicos para os veciños.

Contra as seis da tarde o xuíz permitiu o traslado do cadáver. A Policía Nacional ten aberta unha investigación para clarificar as causas e as circunstancias nas que ocorreu este suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade