Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece unha muller tras un incendio na súa vivenda en Ribadumia

Falece unha muller tras un incendio na súa vivenda en Ribadumia

As primeiras investigacións apuntan que o lume empezou na cociña

Estado en que quedou a cociña Estado en que quedou a cociña
G24.gal 03/05/2023 17:37 Última actualización 03/05/2023 19:21

Falece unha muller tras un incendio na súa vivenda no concello pontevedrés de Ribadumia. Na casa declarouse un incendio que foi sufocado por particulares, sen necesidade de chamar os equipos de urxencia.  Parece que a muller se esvaeceu. Familiares e veciños trataron de reanimala mentres non chegaba a ambulancia, pero finalmente faleceu.  A vítima tiña uns 70 anos.

Ata o lugar desprazáronse sanitarios, os bombeiros do Salnés, a Garda Civil e Protección Civil de Cambados. As forzas de seguridade investigan as causas do suceso, aínda que todo parece indicar que as lapas empezaron na campá extractora. Será a autopsia a que determine as causas exactas do falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade