Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un home esmagado por unha vigueta en Ribadumia

Falece un home esmagado por unha vigueta en Ribadumia

O falecido estaba sulfatando unha parra de viña cando chocou cun poste e a vigueta que se apoiaba nel caeulle enriba

G24.gal 03/07/2024 19:04 Última actualización 03/07/2024 20:33

Un home faleceu esta tarde en Ribadumia ao caerlle enriba unha viga mentres estaba sulfatando unha viña.

O accidente ocorreu no lugar de Besomaño arredor das seis da tarde.

A vítima ía sulfatando co seu tractor cando chocou contra un poste da viña. Ao mover o poste, a vigueta que se apoiaba nel caeu enriba do tractor e esmagou o home.

O home tiña arredor de 60 anos.

Urxencias sanitarias enviou o helicóptero medicalizado á zona, pero os equipos sanitarios xa non puideron facer nada pola súa vida.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade