Falece unha muller ao ser atropelada en Carnota e un home nun accidente en Ponteareas
Falece unha muller ao ser atropelada en Carnota e un home nun accidente en Ponteareas
Morre unha muller de 79 anos ao cruzar a estrada diante da súa casa en Caldebarcos, Carnota. Ía cruzar para volver a súa casa cando un monovolume a levou por diante. Non lle deu tempo nin a frear. Era xa de noite e ela ía vestida de negro e, por iso, crese que o vehículo non puido vela a tempo para deter a marcha.
Na zona hai farois e é un treito recto con visibilidade, polo que todo fai supoñer que o accidente ten a súa orixe nun descoido da muller. O seu corpo xa sen vida acabou metros máis adiante de onde se puxo a cruzar. Ao parecer a familia do condutor e da vítima son coñecidos.
O aviso do accidente puxo en marcha ós equipos de emerxencias, Protección Civil de Muros, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos sanitarios. Nada puideron facer pola vítima. A falecida é moi coñecida no lugar porque rexentou un restaurante.
Falece un home nun accidente en Ponteareas
En Ponteareas os servizos de emerxencia localizaron o cadáver dun home de 67 anos falecido nun todo terreo. Puido sufrir o accidente días atrás ata que o atoparan. Un veciño viu vehículo envorcado e chamou ao 112.
O suceso produciuse nunha pista forestal situada no Puño, nas inmediacións da parroquia de Cristiñade. A Garda Civil acudiu ao lugar tras recibir a alerta e viron entón o coche e o corpo sen vida do seu condutor no interior, despois de caer por un noiro.
A vítima é veciño da localidade de Salvaterra do Miño. As causas e o momento da morte quedarán clarexadas coa autopsia, o cadáver foi remitido a un instituto de medicina legal.