Publicador de contidos
Publicador de contidos

Familiares das vítimas de accidente de tráfico cren que a xustiza é garantista cos delicuentes viarios

Familiares das vítimas de accidente de tráfico cren que a xustiza é garantista cos delicuentes viarios

G24.gal 20/11/2022 14:46 Última actualización 20/11/2022 14:58

Este domingo celébrase o día mundial en lembranza das vítimas da violencia viaria. Con ese motivo en Vigo renderon homenaxe aos mortos e feridos nas estradas. O tributo, con Stop Accidentes á cabeza, consistiu nunha ofrenda floral e un minuto de silencio fronte ao monumento que recorda as vítimas.

A delegada en Galicia da asociación reflexionaba esta mesma mañá sobre o pouco protexidas que se senten as vítimas das estradas ante unha xustiza moi garantista co delincuente viario.  

"Aquí hai un problema de responsabilidade e corresponsabilidade. Todos somos responsables tamén. E se sabemos que o noso compañeiro non está en condicións de conducir, non o deixes conducir. Co alcol hai moitas medidas. Agora mesmo acaba de acontecer un sinistro cun coche en sentido contrario de novo nas autoestradas de Galicia. O xuíz pode pedir tranquilamente que este señor non volva a subir a un coche", conta a TVG Jeanne Picard, a delegada de Stop Accidentes en Galicia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade