Publicador de contidos
Publicador de contidos

Familiares de mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo viaxan ao Canadá

Familiares de mariñeiros falecidos no Villa de Pitanxo viaxan ao Canadá

Asistirán a varias homenaxes que as autoridades do país norteamericano teñen preparadas na honra dos falecidos

G24.gal 20/06/2024 20:45 Última actualización 20/06/2024 22:08

Unha representación dos familiares dos mariñeiros do Villa de Pitanxo viaxaron ao Canadá para asistiren a varias homenaxes que as autoridades do país norteamericano teñen preparadas na honra dos falecidos hai xa máis de dous anos.

Este xoves recibíronos en San Xoán de Terra Nova polo embaixador de España no Canadá, Alfredo Martinez Serrano.

Para as familias dos mariñeiros este primeiro encontro foi moi significativo porque Martínez Serrano fora unha das autoridades implicadas na repatriación.

Nos vindeiros días, asistirán a diversos actos como o descubrimento dunha placa conmemorativa ou unha ofrenda floral no mar.

Con eles tamén viaxaron representantes da Consellería do Mar e do Ministerio de Agricultura e Pesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade