Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fartos dos actos vandálicos, os veciños da Peroxa piden poder durmir tranquilos

Fartos dos actos vandálicos, os veciños da Peroxa piden poder durmir tranquilos

Os afectados son veciños da aldea do Mato e outras tres aldeas no concello ourensán da Peroxa 

Xa puxeron máis dunha ducia de denuncias contra un home que herdou unha casa na aldea

G24.gal 31/12/2021 15:20

Cristais rotos nas casas, golpes nas portas e insultos e ameazas continuos é o que denuncian que están a vivir os veciños do Mato e outras aldeas lindeiras na Peroxa. Unha situación que os ten esgotados desde hai catro anos.

"Na nosa casa houbo varios danos, tanto ventás, portas, como golpes cara á parede a altas horas da madrugada e berros e ameazas de morte. Son estragos múltiples, tanto na nosa casa como na casa dos veciños. Baixan os fusibles da luz xeral da aldea, cortan a auga a outros veciños. Todo satura e cansa porque é un días tras outro, tras outro, a ver se algún día se lle pon solución", explica Manuel González Vázquez, fillo dunha das afectadas polas actos vandálicos

O último en ser vítima dun ataque vandálico foi Demetrio, de 87 anos, esta semana no seu coche que estaba aparcado fóra. "Partíumelle un faro de atrás e un retrovisor da porta dereita, o espello e amolegoume as catro portas. Eu que sei é xente sen bondade, sen cultura, sen vergonza", denuncia Demetrio Dacosta. 

Sospeitan dun home de pouco máis de 30 anos que herdou unha casa nesta aldea do Mato e xa puxeron máis dunha ducia de denuncias perante a Garda Civil.

"Confiamos en que a autoridade competente solucione o caso canto antes, polo menos para que a xente que vive aquí e viviu desde hai moitos anos, polo menos poida durmir tranquila, como sempre pasou ata que viñeron estes veciños", pide Manuel González.

Durmir tranquilos e vivir en paz na súa aldea é o que pide a veciñanza, din que están fartos de vivir amedrentados nas súas casas polas noites.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade