Publicador de contidos
Publicador de contidos

Febre polo sorteo do Neno na Fonsagrada

Febre polo sorteo do Neno na Fonsagrada

A chuvia de millóns do Gordo de Nadal fixo multiplicar as vendas de boletos

Félix Aragunde 06/01/2023 14:46

Na Fonsagrada, onde o Gordo de Nadal repartira 180 millóns de euros, multiplicáronse as vendas de boletos para o sorteo do Neno. De feito, na administración de loterías non tardaron en esgotar os billetes en formato físico.

Foi tal a febre, que mesmo nos bares da contorna tamén despacharon en tempo récord os números que lles ofreceron aos seus clientes.

Luis Valledor, hostaleiro: "Aí na administración había colas e aquí en tres días acabamos os décimos".

Desta volta non houbo tanta sorte, pero o pasado día 22 un total de 450 décimos vendidos na vila foran premiados con cadanseus 400.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade