Publicador de contidos
Publicador de contidos

Presidente da FEGEIN: "Para baixar o alugueiro hai que mobilizar vivendas baleiras"

Presidente da FEGEIN: "Para baixar o alugueiro hai que mobilizar vivendas baleiras"

Di que o índice de prezos de referencia e a declaración de zonas tensionadas terán unha incidencia "mínima"

Cataluña é, polo de agora, a única comunidade autónoma que vai aplicar a medida

G24.gal 16/03/2024 14:34 Última actualización 16/03/2024 15:07

Cataluña é a única comunidade autónoma que vai aplicar o tope aos prezos do alugueiro que este sábado entra en vigor. A Xunta cre que esta medida non é atinada e non a vai aplicar en Galicia. O Goberno galego opta por outras políticas en materia de vivenda.

O prezo dos alugueiros en Galicia non deixa de medrar. O ano pasado subiu máis dun 10 % e este primeiro trimestre de 2024 segue a mesma tendencia. Onde é mais caro é no centro de Vigo, por diante dalgunhas áreas de Santiago e da Coruña.

Ante esta situación, o presidente das inmobiliarias galegas fixa como obxectivo que se mobilice o 5 % da vivenda baleira.  

Desde a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias aseveran que o índice de prezos de referencia do alugueiro e a declaración de zonas tensionadas terán unha incidencia "mínima" á hora de frear a escalada de prezos.

"Porque só afectaría os grandes propietarios de vivendas, aqueles que teñen dez ou máis vivendas ou os pequenos propietarios cuxa vivenda leva máis de cinco anos desocupada. Non afectará os contratos vixentes, en vigor, esas máis de 171.000 familias, que en Galicia teñen un fogar en arrendamento non se van ver afectados se se implanta unha zona tensionada na súa localización ou non", di Benito Iglesias, presidente da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias.

Destacan que nos últimos catro anos perdeuse máis do 40 % das vivendas en alugueiro en Galicia, pasando de ter máis de 6.000 a finais do 2019 ás 2.800 vivendas actuais.

"Para facer medrar a oferta na vivenda en alugueiro e que os prezos comecen a baixar e que haxa unha oferta equiparada á demanda, que se sempre é crecente, vai na liña de mobilizar a vivenda baleira que temos en Galicia, dándolle seguridade xurídica ao propietario", engade.

Ademais de mobilizar a vivenda baleira cara ao mercado do alugueiro, a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias propón crear un parque social de vivenda coas propiedades da Sareb, facendo, segundo din, un traspaso deses activos á Xunta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade