Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo agasalla cuns 'sanandresiños' os reis e fai un chamamento ao turismo global

Feijóo agasalla cuns 'sanandresiños' os reis e fai un chamamento ao turismo global

O presidente da Xunta di que Galicia é un destino seguro

G24.gal 19/01/2022 14:53

Tras agasallar os reis con senllos sanandresiños, os amuletos de Santo Andrés de Teixido que se fan con migas de pan, Alberto Núñez Feijóo, presentou na edición 42 de Fitur a oferta turística de Galicia nun posto máis colorido ca nunca porque, explicou, quere ser un alegato ao optimismo fronte á pandemia.

"Non hai que entregarse á resignación. Abonda con camiñar a Galicia", dixo o presidente.

Feijóo convidou o mundo a visitar Galicia, un dos destinos máis seguros, como acreditan, dixo, os datos da pandemia.

"Somos a comunidade coa porcentaxe de vacinación máis alta de España e por iso Galicia é o lugar máis seguro. E Galicia está enfocada no 2022 como un destino internacional de referencia. O noso chamamento é global porque o Xacobeo é a festa universal de Europa occidental", afirmou Feijóo.

"NON HAI ESCUSAS"

O presidente engadiu que Galicia está agora máis preto de todo grazas ao AVE, como lembrou tamén o alcalde de Madrid, que asegurou que xa non hai escusas para non vir.

"Quizáis das últimas que se dicía é que era difícil chegar. Agora dúas horas e cuarto a Ourense. Xa non hai escusa", afirmou José Luis Martínez-Almeida.

A hospitalidade, segundo Feijóo, é o sexto sentido dos galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade