Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo comprométese a impulsar unha ABAU común nas comunidades onde goberna o PP

Feijóo comprométese a impulsar unha ABAU común nas comunidades onde goberna o PP

O PP espera que a medida poida aplicarse a partir do próximo curso

Traballan en presentar unha proba común para toda España

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, nun encontro mantido este mércores con asociacións e profesionais do ámbito educativo en León
G24.gal 24/01/2024 15:37

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, anuncia o compromiso do seu partido para impulsar unha ABAU "común en contidos, criterios de corrección e data de celebración" nas comunidades autónomas nas que goberna o PP. Ademais, espera que a medida poida aplicarse a partir do vindeiro curso.

Así o avanzou no encontro mantido este mércores con asociacións, colectivos e profesionais do ámbito educativo. O acto foi celebrado no museo Casa Botines-Gaudí, coincidindo co Día Internacional da Educación.

Tamén están traballando en "poder presentar unha proba común en toda España":

"Imos facela e poñela á disposición do Ministerio de Educación e de todas as comunidades, porque non ten sentido ter 17 probas para acceder ao mesmo sistema universitario, como tampouco o ten baixar o nivel cando do que se trata de avanzar na igualdade de oportunidades para o acceso aos estudos superiores", declarou Feijóo.

Para o líder dos populares, este cambio supón un paso fundamental "a favor da igualdade e da excelencia educativa", recalcando que España aparece no informe PISA "como un dos países con maior fracaso escolar", polo que "hai que tomar medidas".

Ademais, advertiu que o PP "ten unha gran responsabilidade" porque 7 de cada 10 alumnos viven en comunidades gobernadas polo seu partido.

O modelo que se seguirá debe ser o de Castela e León

Feijóo explicou que quixo celebrar este acto en León, porque "hai que aprender dos mellores". Segundo o último informe PISA coñecido a finais de 2023, os estudantes de Castela e León sitúanse como os mellores en matemáticas (499), lectura (489) e ciencias (506) e superan en todas as competencias á media nacional.

Segundo o oitavo informe no que participa España e o primeiro que reflicte o impacto da covid-19 na educación, Castela e León sitúase no duodécimo posto a nivel mundial.

Ao seu xuízo, por todo isto é necesario recoñecer que o modelo para seguir debe ser o desta comunidade e advertiu de que a educación é o cimento da sociedade.

Tamén, puxo en valor a importancia da "educación tradicional" para incidir na comprensión lectora, que pasa por "ler todos os días e dar importancia á ortografía e a caligrafía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade