Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo cualifica de "contundente" o triunfo do PP e di que "gobernará" en España

Feijóo cualifica de "contundente" o triunfo do PP e di que "gobernará" en España

Os populares presumen da terceira vitoria en España con Alberto Núñez Feijóo á fronte tras as municipais e autonómicas e as xerais do ano pasado

Sen falar explicitamente de convocatoria de novas eleccións, o PP apunta que Sánchez debería ser consecuente co resultado das urnas

G24.gal 10/06/2024 08:39

Hoxe será día de lectura nas sedes dos partidos. O líder do PP Alberto Núñez Feijóo xa fixo unha primeira avaliación na noite electoral. Cualifica de contundente o resultado do seu partido nestas eleccións e apunta que o PP sempre gobernou tras vencer nunhas europeas.

Alberto Núñez Feijóo cualifica de excelente o resultado do PP, o mellor dos últimos 25 anos, lembra, e asegura que nestas eleccións o discurso do medo non funcionou e que perderon os muros.

Os populares presumen da terceira vitoria en España con Alberto Núñez Feijóo á fronte tras as municipais e autonómicas e xerais do ano pasado e din que este resultado demostra que Pedro Sánchez e os seus socios de Goberno non teñen o apoio da maioría dos españois. Sen falar explicitamente de convocatoria de novas eleccións, o PP apunta que Sánchez debería ser consecuente co resultado das urnas.

Alberto Núñez Feijóo reivindica que estamos ante un novo ciclo político e que asume esa responsabilidade con humildade e sentido de Estado.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade