Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo di que apoiarían o imposto ás eléctricas se fose o mesmo que propón Europa

Feijóo di que apoiarían o imposto ás eléctricas se fose o mesmo que propón Europa

Di que os impostos non teñen nada que ver porque o Goberno grava toda a facturación das compañías e Bruxelas só os beneficios extraordinarios 

O líder do PP defende subir os salarios ante a crise actual pola inflación 

G24.gal 15/09/2022 08:02

O Partido Popular apoiaría o Goberno na implantación do imposto ás eléctricas se fixese a mesma proposta que Bruxelas: gravar unicamente os beneficios das compañías e non toda a facturación. 

O presidente do PP fixo estas declaracións nunha entrevista en La Sexta.  Cre que a presión sobre as eléctricas debería ser para que baixasen os recibos dos clientes. Di ademais que os consumidores están pagando a excepción ibérica e pide eliminala.

E ante a escalada actual dos prezos, Feijóo propón baixar os impostos ás rendas baixas e medias, actualizar as pensións e subir os salarios se as empresas teñen marxe para facelo.

O líder do PP tamén se referiu á situación do poder xudicial. Nega que o órgano de goberno dos xuíces estea incumprindo a lei por non renovar en prazo os dous maxistrados que lles corresponde designar do Constitucional. E di que están dispostos a sentar co Goberno para negociar sempre que dean pasos para despolitizar a xustiza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade