Feijóo dubida do futuro de Formoso á fronte do PSdeG tras a volta de Besteiro
Feijóo dubida do futuro de Formoso á fronte do PSdeG tras a volta de Besteiro
O líder popular critica en Ferrol a falta de compromiso de Yolanda Díaz coa súa comarca
Salienta a experiencia e proximidade de Rey Varela como avais para ser o próximo alcalde
Traballaron xuntos no Goberno galego e cooperaron cando un era presidente da Xunta e o outro alcalde de Ferrol. Este mércores, Núñez Feijóo confiou en repetir experiencia se José Manuel Rey Varela gaña as municipais de maio e o líder popular, as xerais de finais de ano.
Nesa hipótese, Núñez Feijóo comprometeuse a impulsar o ansiado dique seco de Navantia, a modernizar a conexión ferroviaria ata A Coruña e a designar a cidade como zona franca.
Feijóo acusou unha ferrolá, a vicepresidenta Yolanda Díaz, de non reflectir nos presupostos as súas promesas para a comarca. E interpretou así a designación de Gómez Besteiro e José Miñones como novos delegado do Goberno e ministro.
"Non sei se o señor Besteiro vén para derrocar o secretario xeral do Partido Socialista ou vén o anterior delegado do Goberno, destinado agora a Madrid no Ministerio de Sanidade nos últimos meses de lexislatura", dixo Núñez Feijóo.
Movementos, dixo o líder popular, que auguran que o PSdeG seguirá sendo a última forza política no Parlamento galego.