Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo sobre as informacións de Begoña Gómez: "Calquera primeiro ministro europeo dimitiría"

Feijóo sobre as informacións de Begoña Gómez: "Calquera primeiro ministro europeo dimitiría"

A Complutense envíalle ao xuíz do caso Begoña Gómez un informe sobre posible "apropiación indebida"

Begoña Gómez entrará de novo polo garaxe para declarar este venres no xulgado

Núñez Feijóo nunha entrevista este xoves na Cope
G24.gal 18/07/2024 09:22

O presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijóo cre que calquera primeiro ministro europeo presentaría a súa dimisión se se fixesen públicas informacións como as saídas en relación á muller do presidente do Goberno Pedro Sánchez.

Referíase a publicación dun informe da Universidade Complutense de Madrid, remitido ao xulgado que investiga a Begoña Gómez, en que aprecian que puido haber "apropiación indebida" dun software da entidade.

Núñez Feijóo fixo estas declaracións nunha entrevista na Cadena Cope. Acusou a Pedro Sánchez de querer confundir apuntando contra os medios que publican informacións relacionadas co seu ámbito familiar.

Begoña Gómez declara como investigada este venres

Este venres Begoña Gómez terá que prestar declaración como investigada nos xulgados de Madrid. Á cuarta planta dos xulgados da praza de Castilla só poderán acceder libremente maxistrados e funcionarios. Os avogados e procuradores deberán acreditar que foron citados e o persoal de seguridade poderá pedirlles o carné profesional.

A presenza de xornalistas limítase a catro axencias. Os profesionais acreditados deberán estar acompañados por persoal do gabinete de comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid. 

A muller do presidente poderá volver entrar no edificio polo garaxe, alegando motivos de seguridade. O seu avogado deberá acceder pola porta reservada a profesionais. 

Begoña Gómez chega con máis presión ca hai 15 días. Terá que dar conta das reunións na Moncloa co seu socio, Juan Carlos Barrabés. O empresario admitiu eses encontros e mesmo desvelou que nalgúns tamén estivo Pedro Sánchez. 

E amais, a Universidade Complutense pediulle ao xuíz que siga investigando. Di que despois de facer unha investigación interna  non foi quen de saber se Begoña Gómez cometeu un delito contra o seu patrimonio. E non foi pola escasa cooperación das persoas ás que lles solicitaron información, entre elas a propia Gómez. Begoña Gómez si que poderá alegar algo ao seu favor: un novo informe da UCO no que insiste en que non ve indicios de delito. 

O ministro de Transportes, Óscar Puente, cualifica o proceso contra Gómez de "innovador e desconcertante"e cree que se está facendo unha labor de inspección da súa vida para tentar "atopar algo contra ela". Para o ministro, trátase dunha investigación "prospectiva prohibida por lei".

O Partido Popular cree que o presidente do Goberno tenta "embarrar" para que os cidadáns dubiden sobre as informacións publicadas sobre Begoña Gómez e acúsao de "xerar unha nebulosa" e que os españois "crean que non son certos".

Feijóo confirma que chamará a Pedro Sánchez á comisión de investigación no Senado e aféalle que non tome o camiño que "collería calquera primeiro ministro europeo" que non é outro ca "dimitir". O PP non afrouxará sobre este asunto. Teñen claro que o presidente do Goberno "sabía" e "ocultou" os negocios da súa muller. 

Feijóo tilda a Sánchez de "político sen barreiras morais e éticas, desde o punto persoal. Lamento dicir isto do meu presidente, pero mentiría se dixera que teño algunha esperanza de rexeneración democrática en España". O líder do PP acusa a Gómez de ter utilizado á Moncloa "para conseguir cartos, patrocinadores e socios para os seus negocios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade