Ferida grave a ocupante dun coche nun aparatoso accidente en Caldas
Ferida grave a ocupante dun coche nun aparatoso accidente en Caldas
O vehículo, tras irse fóra da estrada, acabou nunha leira particular logo de impactar contra un farol e un poste
Precisouse a intervención dos bombeiros para excarcerar a muller atrapada no vehículo
O accidente causou un corte eléctrico na zona de Godos
Os bombeiros do Salnés interviñeron este sábado para excarcerar dun coche unha muller que quedou atrapada tras sufrir un accidente na N-640, á altura de Caldas de Reis. Ía no asento do copiloto.
O condutor saíu do turismo polos seus propio pé pero os dous foron trasladados polos sanitarios a un centro hospitalario. A ocupante, ao parecer, está con feridas de gravidade.
O vehículo foise da estrada no quilómetro 232, na parroquia de Godos e levou por diante un poste da luz, unha árbore e o peche dunha propiedade privada para envorcar no interior da propiedade.
Un particular avisou do accidente o 112 e desprazáronse ata o lugar efectivos dos bombeiros, de Protección Civil, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e persoal da empresa subministradora da electricidade na zona. O coche circulaba en sentido Vilagarcía.
Como consecuencia do sinistro produciuse un corte na electricidade en Godos.